InicioCulturaLara Méndez presidirá a Capital Cultural do Eixo Atlántico ata novembro

Lara Méndez presidirá a Capital Cultural do Eixo Atlántico ata novembro

Haberá trinta eventos e máis de cen actividades

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo convértese desde este xoves e ata novembro na Capital Cultural do Eixo Atlántico, que preside precisamente a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

Ela destacou que isto supón “unha visibilización da importancia que ten o turismo e a cultura como motor económico” e tamén a importancia de “seguir fortalecendo e estreitando os vínculos no Eixo Atlántico, é dicir Galicia e o norte de Portugal”.

“Para nós é fundamental seguir mantendo as sinerxías e potenciando os vínculos desde fai máis de trinta anos. Quero agradecer a todos os membros do Eixo que apoiasen a nosa candidatura para que Lugo se converta na capital do Eixo Atlántico”, congratulouse.

ACTIVIDADES CULTURAIS

Méndez insistiu na relevancia de “esa fusión de Galicia co norte de Portugal”, que se traduce en iniciativas como un concerto da Filarmónica de Braga e a presenza do artista galego Abraham Cupeiro.

Méndez puntualizou que este xoves se empeza con música, “pero haberá danza, literatura, gastronomía ou patrimonio. “Son moitos os lazos que nos unen e moita potencia a que temos para pór en valor e para dar a coñecer de maneira internacional”, reivindicou.

A alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico celebrou que dean comezo uns meses intensos, onde se vai a poder gozar dun trinta eventos e máis de cen actividades. “Animo a todo o mundo a participar e a promocionar a nosa cidade”, emprazaba finalmente.

Esta tarde, a partir do sete e media, Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga abren cun concerto o programa da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Será no Auditorio Gustavo Freire da cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...