InicioSociedadeEsixen "un cambio drástico" na Atención Primaria de Lugo

Esixen “un cambio drástico” na Atención Primaria de Lugo

Entre outras cuestións, solicitan que se eliminen “ao 100%” as listas de espera, e que se poidan coller citas “para ese mesmo día ou ao seguinte da solicitude”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma pola Defensa da Sanidade e as especialidades do HULA esixe un “cambio drástico” na xestión da Atención Primaria da Consellería de Sanidade e do Sergas. Sinalan que isto é froito do “desgoberno na xestión do Sergas e do espírito privatizador e de recortando servizos do actual xerente do PP de Sanidade Pública a través do Sergas”.

Explican que en Galicia o número de pacientes que precisan atención non variou entre a etapa pre-pandémica e a post-pandémica, pero si “o número de profesionais que prestan servizos, os medios e as partidas orzamentarias”. Polo tanto, sinalan que isto está obrigando aos pacientes que non reciben asistencia “a acudir ao sistema privado para solucionar os seus problemas”.

Motivados por todo isto, a Plataforma pola Defensa da Sanidade e das Especialidades do Hula, esixen que todos os Centros de Saúde da provincia volvan “de inmediato” a todos os horarios e especialidades de consulta, incluída a apertura dos Centros Saúde todos os sábados pola mañá.

Tamén piden que se elimine a atención telefónica e ser atendidos nos Centros de Saúde por “persoal físico”, xa que este sistema “interrompe e dificulta o contacto co persoal sanitario especialmente para as persoas maiores”

Así mesmo, solicitan que se eliminen “ao 100%” as listas de espera, e que se poidan coller citas “para ese mesmo día ou ao seguinte da solicitude”. Advirten de que non aceptan “escusas por falta de persoal” para non eliminalas. “Que dean máis do horario establecido, aumenten a xornada con máis persoal -tardes incluídas-, ou contraten ata que o sistema se estabilice”

Tamén piden renovar as receitas de xeito telefónico ou a través da páxina de E-Saúde, “respectar as preferencias e dereitos dos maiores de 65 anos en todos os niveis” e que a atención especializada non exceda “en ningún caso” o tempo para a primeira consulta de 30 días.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...