InicioEconomíaO BNG organiza un acto informativo sobre a situación da produción ecolóxica

O BNG organiza un acto informativo sobre a situación da produción ecolóxica

Valorouse, xunto cos produtores en ecolóxico, a situación pola que está a pasar o sector por mor da falta de previsión da Consellaría de Medio Rural á hora de destinar as suficientes partidas orzamentarias para garantir as axudas a esta modalidade de produción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O acto, que tivo lugar no Hotel Torre de Núñez de Lugo o martes 27 de decembro, contou coas intervencións de Ana Miranda, deputada no Parlamento europeo, o portavoz de Agricultura e Gandaría do BNG no parlamento galego, Xosé Luis Rivas “Mini” e a portavoz de Desenvolvemento rural do BNG no Parlamento galego, Carme Aira.

Ana Miranda explicou que o Partido Popular á fronte da Xunta non quixo prever a grande afluencia de solicitudes para sumarse á agrogandaría ecolóxica “con arredor de 12.000 novas hectáreas para a incorporación en ecolóxico, o Goberno galego só reservou 3,18 millóns cando precisaba 5,6 millóns; iso chámase falta de planificación e actuar cun descoñecemento que vive do noso agro”.

Neste senso, a eurodeputada sinalou “o Goberno galego ten que ser flexible e non deixar a ninguén atrás, a ningunha das persoas que cumpre o que se pide desde Europa para desenvolver a transición ecolóxica”.

O deputado do BNG Xosé Luís Rivas “Mini” destacou a urxencia de completar con fondos propios as axudas á produción ecolóxica. Neste senso sinalou que “desde o BNG témolo claro, hai que destinar 2M€ con fondos propios da Xunta para non deixar no precipicio ás persoas produtoras, as que xa tiveron que pagar diferentes gastos para iniciarse a este modelo e puxeron os seus recursos en risco”.

A mesa cos tres inervintes do BNG. Foto: BNG

Por outra banda, a deputada Carme Aira incidiu na necesidade doutra política agraria “o obxectivo do Partido Popular é acabar coas pequenas explotacións agrogandeiras, e en definitiva co rural, por isto o BNG defende unha verdadeira reforma estrutural do sector que poña Galiza na vangarda e a altura de Europa”.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...