InicioEconomíaA CIG denuncia o desmantelamento da factoría de Tegestacín en Outeiro de...

A CIG denuncia o desmantelamento da factoría de Tegestacín en Outeiro de Rei

O sindicato considera estes feitos unha "fraude", polo que rexistrou unha denuncia ante a Garda Civil ao entender que Tegestacín leva a cabo "unha clara operación 'B' nesta empresa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou o desmantelamento das instalacións da factoría da empresa láctea Tegestacín (antigo Leite Pascual) en Outeiro de Rei e presentou unha querela criminal contra a compañía ao entender que acomete unha “operación B” mentres non resolve o proceso concursal e debe salarios e indemnizacións aos traballadores.

Nun comunicado, a central nacionalista incidiu en que existen “evidencias suficientes” para determinar que os administradores da planta comente un delito de insolvencia punible. A factoría de Tegestacín no municipio lugués permanece sen actividade desde principios deste ano, cando fracasou a negociación dun ERE.

A CIG asegura que aínda se debe aos traballadores salarios e indemnizacións e acusa á compañía de desmantelar as súas instalacións, o que, din, botou por terra o suposto interese espertado por outras empresas para facerse coa planta.

O sindicato considera estes feitos unha “fraude”, polo que rexistrou unha denuncia ante a Garda Civil ao entender que Tegestacín leva a cabo “unha clara operación ‘B’ nesta empresa”.

“Lonxe de avanzar no procedemento concursal, a empresa retomou esta semana o desmontado da maquinaria nas instalacións coa idea da venda completa a empresas de chatarra e sen garantías de repercutir os importes das operacións sobre as débedas actuais”, aseverou a CIG.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...