InicioLugo e contornaLugoO desabastecemento pola guerra de Ucraína comeza a notarse en Lugo

O desabastecemento pola guerra de Ucraína comeza a notarse en Lugo

A Asociación de Distribuidores da provincia vén de saber que non recibirá aceite de xirasol, produto típico da área.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Distribuidores de Lugo teme un posible desabastecemento de aceite de girasol pola guerra en Ucraína, e tamén de millo e cereais procedentes deste país. De feito, o presidente de Adislugo, Eloy García, advertiu que os provedores de aceite de xirasol que procede de Ucraína avisáronlles de que xa non dispoñen do produto. “Xa temos a circular de que non o imos a recibir”, declarou este mércores.

É por iso que terán que explorar outros mercados, como en Arxentina co “aceite de sementes de xirasol”, o que vai encarecer o produto e fará que “se disparen os prezos”. Tamén chama a atención sobre a incidencia en Lugo do “millo ou os cereais” que veñen de Ucraína, algo que vai “ter un custo importante” para este sector e “tamén para os gandeiros”.

A guerra e invasión de Rusia está a supor un problema para a distribución, nun momento que se empezaba a albiscar certo repunte en canto a facturación logo de dous anos “asfixiados” pola pandemia. Eloy García lembrou como “o pasado ano”, con respecto a índices de antes da pandemia que sitúa en 2019 “Os distribuidores facturamos un 26 por cento menos, e este ano roldamos o vinte por cento”, comentou. “O mes de xaneiro foi anómalo a nivel de hostalaría. Ademais agora co tema da enerxía e os combustibles que nos vai ao peto vaise a notar máis no noso sector”, subliñou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...