InicioEconomíaA hostalaría de Lugo, "a piques de tirar a toalla" ante as...

A hostalaría de Lugo, “a piques de tirar a toalla” ante as novas restricións

As indemnizacións articuladas pola Xunta para os negocios que non abran en fin de ano "non son suficientes" aínda que son "benvidas", indica o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación Galega de Hostalaría e presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, afirmou que o sector “está a piques de tirar a toalla” tras as novas limitacións decretadas en Galicia.

Ante as restricións ditadas pola Xunta polo avance da sexta onda da pandemia e que levará a moitos establecementos de lecer nocturno a botar o peche, Real sinalou que se trata de “unha volta de torca máis no económico ao sector da hostalaría e do turismo, que está a piques de tirar a toalla”.

Datas como as de Nadal supoñen ata un 25 ou un 30 por cento dos ingresos do ano e estes días estamos limitados e a situación é moi difícil”, apuntou, antes de incidir en que as indemnizacións articuladas pola Xunta para os negocios que non abran en fin de ano “non son suficientes” aínda que son benvidas desde o sector. “Calquera negocio de lecer nocturno sacaría máis en calquera desas noites, aínda que peor sería non ter ningún tipo de indemnización”, manifestou Cheché Real.

“Necesítanse axudas de todo tipo porque nós temos que seguir pagando as nosas facturas e con todo os nosos ingresos non son os mesmos. Por orde gubernativa estamos limitados pero os pagos témolos que facer ao cento por cento. Isto non é viable, nin rendible“, protestou.

ÚLTIMAS

Bye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

Lugo Xornal, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La...

Xorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve o nome de “Fuxan os Ventos”

"Como habitante de Lugo, é importante para min que se valorice e se recoñeza...

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

A xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia en Castro Ribeiras de Lea

O Xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito dunha gerocultora da...