InicioEconomíaSurexport, froitos vermellos na Terra Chá a que prezo?

Surexport, froitos vermellos na Terra Chá a que prezo?

A morte dun traballador inmigrante e o ambiente confuso ante unhas eleccións sindicais chamaron a atención sobre a situación interna da empresa agrícola Surexport. Denuncias de horarios máis alá de 12 horas, presuntas ameazas a traballadores e presuntas irregularidades no proceso electoral poden estar detrás das caixas de froita vermella que esta empresa dedica maioritariamente á exportación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A implantación de Surexport en Galicia obedeceu no seu momento á expansión que experimentaba o consumo de froito vermello. O aumento do consumo de fresa ou arando trouxo a expansión de empresas como a mencionada e a procura de lugares onde se puidesen cultivar sen grandes esforzos hídricos. A todo isto hai que sumarlle o réxime de aluguer de terras a comunidades de montes ou particulares e que boa parte da recollida fana traballadores inmigrantes. Ademais está a impugnación das eleccións sindicais por parte de CCOO e a morte dun traballador inmigrante e as denuncias de posible explotación laboral así como presuntas ameazas ao cadro de traballadores.

As denuncias sobre as condicións de traballo falan de ausencia de auga potable para o persoal, xornadas de entre 12 e 14 horas, estando expostos mesmo ás horas de máis sol e situacións hixiénicas “deplorables”. Surexport segue traballando terras na provincia de Lugo e a intención é continuar espallando a produción en Galicia. Os prezos que paga por aluguer de terras son superiores a outras oferas, aínda que tamén se acusa a esta empresa de ocupar terreos sen os permisos pertinentes

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...