InicioEconomíaSLG esixe á Xunta que investigue os presuntos abusos laborais nos campos...

SLG esixe á Xunta que investigue os presuntos abusos laborais nos campos de Surexport na Terra Chá

Lembra que esta empresa ten protagonizados diversos conflitos sindicais e denuncias públicas en Huelva (onte ten a súa sede).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xornadas de 12 horas, incumprimento dos salarios acordados e condicións sanitarias deplorábeis. É a denuncia pública en redes dixitais dunha traballadora, dende a súa experiencia como temporeira nos invernadoiros da empresa Surexport na Terra Chá, na presente temporada.

O relato, dado a coñecer polo SLG, recolle un ambiente no que “as ameazas de calquera tipo eran constantes” e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. “Fomentan unha competitividade extrema” coa ameaza do despedimento “se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas”. Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas “a seis euros, cando o estipulado é a doce euros”.

Nun comunicado, o Sindicato Labrego Galego di que “quere contribuír á visibilización da situación” e reclama das administracións unha actitude activa de investigación dos feitos e salvagarda dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores da Surexport. “A existencia e cumprimento claro das condicións do contrato e a desaparición de tratos degradantes ou inhumanos, non poden ser cuestións ignoradas”, indica. Ademais de participar da denuncia pública deste feitos, o Sindicato Labrego vén de llos facer constar a través de rexistro á Consellaría de Traballo.

Entre as críticas están que dan unha parada “de 30 minutos para comer un bocadillo, pero fanche saber que só pagan 15 deses minutos” ou que “apenas había auga corrente para asearse” e que as instalacións obrigaban a comeren “hacinadas, sen distancia de seguridade nen máscara”.

O SLG lembra que Surexport ten protagonizado diversos conflitos sindicais e denuncias públicas en Huelva (onte ten a súa sede) polas condicións laborais das súas grandes extensións de invernadoiros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...