InicioEconomíaTransportes adxudica un contrato para a explotación da área de servizo de...

Transportes adxudica un contrato para a explotación da área de servizo de Guitiriz na autovía A-6

"A explotación das áreas de servizo devengará o correspondente pago dun canon anual de 901.000 euros a favor da Administración Xeral do Estado, correspondente ao ofertado polo adxudicatario", destaca o Ministerio de Transportes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou un contrato de concesión de servizos para a explotación da área de servizo de Guitiriz, situada a ambas as marxes da Autovía do Noroeste (A-6), á altura do quilómetro 538, na provincia de Lugo.

Segundo informou o Mitma nun comunicado, a modalidade de contrato establece unha concesión de servizos por un prazo de cinco anos, “co obxecto da conservación e explotación das instalacións existentes xunto coa execución das operacións de reforma e mellora nas ofertas”.

Entre outras melloras valoradas nas propostas recibidas, tivéronse en conta a adecuación e reforma das instalacións e edificios existentes, creación novas prazas de aparcadoiro vixiado así como elementos de mellora da sustentabilidade ambiental, engade.

“A explotación das áreas de servizo devengará o correspondente pago dun canon anual de 901.000 euros a favor da Administración Xeral do Estado, correspondente ao ofertado polo adxudicatario”, destaca o Ministerio.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...