InicioEconomíaPropoñen que Lugo presente candidatura para ser Capital Gastronómica Española

Propoñen que Lugo presente candidatura para ser Capital Gastronómica Española

O PP de Lugo levará unha iniciativa a plena para lograr apoio político logo de reunirse coa Apehl.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Lugo propón que a cidade presente oficialmente a súa candidatura para ser Capital Gastronómica Española 2022.

Os populares reuníronse esta fin de semana coa directiva da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), que preside Cheché Real, para presentarlles a súa proposta. De feito, teñen a intención de levar esa iniciativa a pleno este mesmo mes, co obxectivo de conseguir un pronunciamento favorable por parte da corporación municipal.

Ademais, o PP anuncia que manterá proximamente novos contactos con sectores da economía local que poderían beneficiarse tamén desta proposta. Segundo o PP, “Lugo ten unha contorna única, tanto polo peso que ten a restauración, como pola materia prima da que dispoñemos”. Por iso, “para erixirse como a mellor candidata só falta o apoio político e social”, afirma o PP de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...