InicioEconomíaA "valentía" dos emprendedores que botaron a andar negocios en pleno confinamento

A “valentía” dos emprendedores que botaron a andar negocios en pleno confinamento

Un total de 15 empresas nacidas na pandemia ao abeiro do programa Inicia Coworking do Concello de Lugo xa están en marcha e facturando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, mantivo un encontro este venres cos participantes da última edición do programa Inicia Coworking. Un total de 15 proxectos emprendedores nacidos en pleno confinamento da pandemia e formados a través do acompañamento dos profesionais do CEI Nodus, conseguiron poñer en marcha as súas propias empresas e xa se atopan facturando.

Estas iniciativas, que representan o 70% das seleccionadas nesta edición, van dende empresas turísticas a outras de enxeñaría, hostalaría, arte, sustentabilidade ou innovación, entre outros.

 A alcaldesa felicitou os emprendedores “pola valentía que teñen demostrado, pois nun momento de gran incerteza, pola situación sanitaria e económica que atravesamos como consecuencia da pandemia, foron quen de sobrepoñerse e, con gran esforzo, iniciar o seu negocio, polo que o mérito é dobre”. “Sodes o exemplo do enorme talento que atesora a cidade”, sostivo.

Das 15 empresas xeradas, sete están instaladas no CEI Nodus, “outro dato moi positivo, pois demostra o gran interese que xera este viveiro co que contamos no Concello”, resaltou.  Pola súa banda, os emprendedores explicaron que, pese a que por primeira vez a edición do coworking foi online debido ao confinamento, conseguiron crear unha rede de apoio e sinerxías entre eles.

NOVA EDICIÓN DO COWORKING

O prazo de inscrición para a sexta edición do programa xa se atopa aberto na plataforma disposta para tal. En total ofértanse 22 prazas e, como na anterior edición, a formación será online. As persoas interesadas poderanse apuntar ata o vindeiro 20 de febreiro.

O programa constará de 60 horas lectivas, durante as cales se formará os participantes en ámbitos como a metodoloxía Lean-Canvas, o desenvolvemento e a validación do modelo de negocio, o plan comercial e as técnicas de venda, a oratoria ou o plan de márketing dixital, entre outros aspectos. Ademais, contarán con titorías personalizadas que lles axudarán a materializar a súa idea de negocio.

 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...