InicioSociedadeO Sergas probará as PCR en saliva nun cribado dunhas mil persoas...

O Sergas probará as PCR en saliva nun cribado dunhas mil persoas en Vilalba

Convocarase a persoas de entre 20 e 30 anos esta fin de semana no campo da feira municipal. Ramón Ares insiste na "moi preocupante" evolución epidemiolóxica da provincia e instou a reducir ao máximo as relacións sociais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará este fin de semana un cribado poboacional con probas de saliva a unhas mil persoas de entre 20 e 30 anos no concello de Vilalba. O obxectivo é detectar o maior número posible de positivos asintomáticos ante a elevada incidencia do coronavirus no municipio.

Segundo informou aos medios o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, a deste fin de semana será “a primeira experiencia” cun cribado en saliva en poboación xeral en Lugo, “co cal tamén vai servir un pouco de referencia a nivel loxístico por se fose necesario facelo noutros grupos de idade”.

Desta volta, as probas están dirixidas a un milleiro de mozos e mozas de entre 20 e 30 anos,  o grupo no que se apreciou unha incidencia máis elevada. Serán citados a través dunha mensaxe de texto para acudir a un punto de mostraxe no campo da feira de Vilalba. O sábado entregaráselles o kit para facer a proba e o domingo recollerase. Na notificación tamén se lles indicará a hora da proba e o acceso ao lugar, así como as instruccións para efectuar a mostra.

PROBAS NO VICEDO

Ramón Ares tamén fixo referencia ao cribado que se realizará no concello do Vicedo o vindeiro domingo. Neste municipio, “o grupo de xente co que se traballa e se está a convidar a participar é aquela que ten contacto directo con outras persoas: traballadores de tendas, negocios, hostalería, farmacias, persoal municipal… Estamos falando dunhas 200 PCR”, concretou Ares.

EVOLUCIÓN “MOI PREOCUPANTE”

No que respecta á evolución da pandemia, Ares asegurou que “é moi preocupante”. “O que observamos sobre todo nos últimos días é unha incidencia moi alta cun incremento moi alto” en “distintos” concellos como “Monforte, Viveiro ou Vilaba, pero poderiamos seguir con moitos outros municipios da área sanitaria”, afirmou.

“Isto sabemos que vai ter unha repercusión na presión asistencial, tanto en camas ordinarias como UCI, e estamos a observar un aumento de ingresos e tamén que o ritmo das hospitalizacións está a ser moito máis alto”, advertiu.

Neste contexto, argumentou, “a responsabilidade individual é agora mesmo esencial. Convidamos a que se fagan os confinamentos nos domicilios, evitando toda relación social, a saída a cafetería e bares, agás a laboral. E convidamos tamén a que mesmo no propio domicilio se teña moito coidado. É necesario se queremos que a curva non siga medrando e comece a baixar”, concluíu.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...