InicioSucesosDetida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local arrestou a sospeitosa despois de que intentase acceder de novo ao edificio hora e media máis tarde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada. Detivo unha muller que agrediu outra tras acceder pola forza á súa casa. Segundo detallan nun comunicado, ás 17.10 horas recibiron chamadas telefónicas que alertaban de ruídos de discusión e pelexa. Os axentes foron informados no lugar de que, instantes antes, unha muller chamara á porta e, despois de abrírenlla, entrara pola forza no domicilio e agredira unha muller que se atopaba no interior.

Achegouse ademais unha descrición física, xa que nese momento se ausentara, polo que non foi posible localizala de inmediato. Aproximadamente unha hora e media despois, recibiron un novo aviso, xa que viran a mesma muller intentando acceder de novo ao edificio. Os axentes desprazáronse ao lugar de inmediato e localizaron a muller na escaleira, mentres ameazaba a presunta agredida. Procederon entón á detención da muller e ao seu traslado a dependencias policiais, non sen antes ser conducida a un centro sanitario, polo estado de axitación que presentaba.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...