Home Lugo e contorna Lugo O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón

O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón

0
O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón
Pleno do Concello de Lugo presidido por Elena Candia.
O Concello de Lugo quere aclarar á cidadanía que as recentes manifestacións do voceiro do grupo municipal do PSOE, Miguel Fernández, sobre un suposto convenio para a parcela do antigo colexio do Sagrado Corazón, son totalmente falsas. Non existe ningún convenio asinado ao respecto.
A realidade administrativa é que o Concello adquiriu legalmente a propiedade dos terreos tras a sinatura, realizada onte ás 10:00 horas da mañá na Casa do Concello, da acta de expropiación. Este constitúe un paso imprescindible que os anteriores gobernos non foron capaces de dar en anos.
Desde o Goberno local pídese responsabilidade aos socialistas e esíxese que “non se confunda á veciñanza do barrio con estratexias políticas e cortiñas de fume para tapar a súa falta de traballo durante 25 anos”. Así mesmo, lémbrase que a Xunta de Galicia leva reservando partidas orzamentarias específicas para esta infraestrutura sanitaria desde o ano 2021, unha oportunidade que non se materializou nin se aproveitou por parte dos que agora “faltan á verdade para confundir á veciñanza”.
Coa parcela xa en mans de todos os lucenses, a única e absoluta prioridade do Concello é traballar con lealdade institucional para facer realidade o novo centro de saúde, garantindo unha localización accesible, ben comunicada e con boa iluminación. Unha vez definida e executada a dotación sanitaria, e sempre en función das posibilidades técnicas do soar, avaliaranse o resto de usos complementarios en consenso coa veciñanza.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here