InicioEconomíaO Concello de Lugo lanza un plan para atraer empresas mediante un...

O Concello de Lugo lanza un plan para atraer empresas mediante un fondo de capital risco

A 'Estratexia Lugo Transforma' mobilizará 12 millóns de euros co obxectivo de captar compañías innovadoras e cun impacto ambiental positivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe o lanzamento da Estratexia Lugo Transforma, que definiu como “pioneira en Galicia no ámbito municipal”, para mobilizar 12 millóns de euros cos que creará un “fondo público emprendedor”, que será a base para captar “novos investimentos, atraer empresas e crear emprego sostible”.

A Estratexia Lugo Tranforma articularase, segundo informou a rexedora, a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores, a través dun fondo de capital risco. Precisou que deberán ser proxectos de “alto valor engadido”, tanto de empresas medianas ou pequenas como de nova creación, pero sempre con “potencial de crecemento e con alta capacitación” en sectores que xeren un alto “impacto social e ambiental”.

“Falamos de enerxías limpas e sostibles, de bioeconomía circular, biotecnoloxía, farmacia, novas tecnoloxías, servizos avanzados á industria e I+ Dí, entre outros. Quedan excluídos os sectores inmobiliario e financeiro”, precisou a alcaldesa. Ademais, esta iniciativa, estará aberta á “participación doutros investidores, tanto públicos como privados”.

NA VANGARDA DA ECONOMÍA VERDE

En rolda de prensa, tamén explicou que se trata da “maior contía destinada polo Concello de Lugo en toda a súa historia” a unha iniciativa encamiñada a “diversificar a economía do municipio”, que hoxe “é moi dependente do sector servizos”.

“É o momento de ser realmente ambiciosos e de potenciar e reorientar o tecido empresarial e produtivo de Lugo”, engadiu, mediante unha aposta clara “por radicar no municipio sectores vinculados aos xestos de identidade e á marca que Lugo está a asentar dentro e fóra de Galicia”.

Falaba a rexedora local dunha “cidade que quere estar na vangarda da economía verde e circular. Unha cidade amigable e acolledora, pero tamén moderna, innovadora e tecnolóxica”.

A pesar das dificultades, Méndez dixo que Lugo “non pode permitirse caer en abatemento. Por iso, eliximos crear esperanza e dar novos pasos para afrontar a crise como unha oportunidade que permita unha transformación real, social e económica, da cidade”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...