InicioSociedadeTres 'influencers' convidan a facer compras de San Valentín nos comercios de...

Tres ‘influencers’ convidan a facer compras de San Valentín nos comercios de Lugo

A Asociación de Autónomas e o Concello de Lugo lanzaron unha campaña para apoiar os negocios da cidade fronte ás grandes superficies. Así, convidaron as instagrammers Laura de Santiago, Laura Méndez e Patricia García Lema, cuxos seguidores suman preto de 200.000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Autónomas e o Concello de Lugo lanzaron unha campaña con tres influencers galegas para fomentar as compras na cidade de cara a San Valentín. As ‘instagrammers’ Laura de Santiago (@lauradesantiago), Laura Méndez (@Oystertrend) e Patricia García Lema (@DonkeyCool) foron convidadas aos comercios do centro da cidade para amosarlles aos seus seguidores a ampla variedade de produtos que se poden atopar na capital lucense.

As tres influencers —que suman en conxunto preto de 200.000 seguidores— pasearon polas rúas da cidade na compañía do modelo Hugo Aja e coas bolsas de ‘Lugo é capital’ baixo do brazo. Visitaron diversos comercios nos que probaron roupa e complementos, ao tempo que se informaban dos diferentes servizos dispoñibles para desfrutar do Día dos namorados, ben con parella ou ben con amizades.

O modelo Hugo Aja, e as influencers @lauradesantiago, @donkeycool e @oystertrend, de compras pola cidade de Lugo | ALX

En palabras de Marta López Yáñez, presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, “as campañas de apoio ao comercio de proximidade son importantísimas e deberían ser constantes. Dan pé e amosan outras maneiras de aproveitar as diferentes ferramentas do mundo dixital que, como vemos, non se cinguen á apertura dunha tenda online”, argumenta.

POLA SUPERVIVENCIA DO COMERCIO LOCAL

A iniciativa inclúese na marca ‘Lugo é capital’, proxecto creado para impulsar o comercio local baixo unha identidade única, ao tempo que se procura fomentar o sentimento de veciñanza. É unha maneira, din, de tirar pola xente para que se implique na supervivencia dos pequenos negocios fronte ás grandes superficies e plataformas online.

Segundo o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, esta campaña é unha “clara mostra” dese “esforzo” que fan as comerciantes para renovarse reiventarse nun escenario no que nada lles é doado.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...