InicioEconomíaA Xunta responsabiliza a Fomento dos atrasos nas obras da intermodal de...

A Xunta responsabiliza a Fomento dos atrasos nas obras da intermodal de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, defendeu este luns que “o traballo da Xunta” permite que este mes de outubro as obras das estacións intermodais que corresponden á Administración autonómica estean en marcha en Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra, mentres se avanza nos deseños das estacións de autobuses da Coruña, Lugo e Ferrol.

En resposta ao parlamentario popular Gonzalo Trenor, quen destacou o labor do Executivo autonómico e contrapúxoo co dalgúns gobernos locais, Maestro fixo un repaso do estado actual das actuacións que desenvolve o departamento autonómico nas distintas cidades galegas.

En Lugo, apuntou que “se está pendente desde febreiro” da resposta de Adif e o Concello á proposta de convenio feita pola Xunta, similar ao que se asinou noutras cidades. Tamén sinalou que, máis aló dos “avances” alcanzados, lamenta as diversas situacións que levan a que as estacións intermodais da Coruña, Lugo e Ferrol estean “máis atrasadas”. Sinalou que a Xunta non ten a “culpa” destes atrasos e, ademais, esgrimiu que traballa para “reverter” a situación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...