InicioEconomíaA Xunta sinala o bipartito para indicar que o parque eólico Serra...

A Xunta sinala o bipartito para indicar que o parque eólico Serra do Oribio ten “todas as autorizacións en regra”

"O BNG fixo moi ben o seu traballo entre 2005 e 2007", dixo o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, á deputada nacionalista Olaia Rodil, en relación ás datas da autorización inicial das obras para este parque eólico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia indicou este venres que o parque eólico da Serra do Oribio,  “cumpre todo o procedemento administrativo” e ten “todas as autorizacións en regra”, un proceso que atribuíu ao Goberno bipartito da Xunta.

“O BNG fixo moi ben o seu traballo entre 2005 e 2007”, dixo o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, á deputada nacionalista Olaia Rodil, en relación ás datas da autorización inicial das obras para este parque eólico.

Rodil trouxo á Comisión de Educación e Cultura do Parlamento a “preocupación social” pola construción deste parque eólico, dados “os prexuízos que vai causar sobre un espazo natural protexido”, así como por danos no “patrimonio cultural” e no Camiño de Santiago, que transcorre pola zona.

Na súa intervención, Rodil afirmou que “desde 2009 está prohibido que estes espazos protexidos acollan construcións de novos parques eólicos” e criticou a precipitación coa que se iniciaron no verán deste ano as obras –o proxecto data do 2000– para “non ter que facer outra declaración de impacto ambiental”, dado que a actual “caducaría en decembro”.

AUTORIZACIÓNS EN REGRA

Na súa resposta, Tahoces lembrou que este parque ten unha autorización administrativa que data de 2007, “emitida por unha consellería gobernada polo BNG”, que está “plenamente vixente”, e unha declaración de impacto ambiental “tamén emitida por esa Xunta en 2005 e plenamente vixente”. “Todas as autorizacións administrativas que vostedes ditaron atópanse plenamente vixentes”, apuntou.

Así, segundo o representante da Xunta, o parque “cumpre todo o procedemento administrativo e todas as autorizacións esixidas” na actualidade, e a única controversia refírese a unha modificación das vías de acceso que a Xunta está á espera de cotejar cos informes, polo que “segue prohibida a súa utilización”.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...