InicioEconomíaLugo, un dos concellos galegos con maior taxa de ocupación moza de...

Lugo, un dos concellos galegos con maior taxa de ocupación moza de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A taxa de paro xuvenil diminuíu en Galicia 3,5 puntos respecto ao trimestre anterior, ata o 19,6%. E o Concello de Lugo é un nos que máis aumentou o traballo dos máis mozos.

En comparación co segundo trimestre de 2018, en Galicia baixou 3,6 puntos. Dos 317.600 mozos de entre 16 e 29 anos, 123.900 (o 39%) están ocupados, 30.200 (o 9,5%) parados e os 163.400 restantes (o 51,4%) inactivos. A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 39% no segundo trimestre, co que aumenta 2,9 puntos respecto ao trimestre anterior e 0,7 puntos en taxa interanual.

Por grandes concellos, Lugo e Santiago son os que presentan as maiores taxas de ocupación (55,4% e 59,9%, respectivamente) e Ferrol o que rexistra a menor (42,0%). No relativo a taxas de paro, Santiago é o municipio do sete grandes con menor valor (6,2%) e Ferrol o que presenta a máis elevada (15,9%). Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...