InicioEconomíaMobilización cidadá ante os "incumprimentos laborais" no centro de día Novo Antonio...

Mobilización cidadá ante os “incumprimentos laborais” no centro de día Novo Antonio Gandoy

Comisións Obreiras pídelle ao Concello que se rescinda o contrato da empresa concesionaria, debido ao "non pagamento en tempo nin en forma" dos salarios aos traballadores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) anuncia o comezo das mobilizacións a vindeira semana ante os problemas do centro de día Novo Antonio Gandoy. Reclámanlle ao Concello que lles poña solución aos “incumprimentos laborais” da empresa concesionaria, que “non paga os salarios en tempo nin en forma procedente”. 

CC.OO. xa ten denunciado varias veces nos últimos meses os incumprimentos por parte da empresa concesionaria IDEA (Innovación y Desarrollo Asistencial), que entenden suficientes para que se rescinda o contrato e se licite o servizo cunha nova empresa.

ATRASOS NOS PAGAMENTOS

En concreto, esta mesma semana, o sindicato rexistrou no Concello un escrito en que detalla todas as irregularidades. Entre elas, destaca o “non pagamento dos salarios no tempo e a forma procedentes”. Esta situación, din, é a que veñen vivindo os traballadores nos últimos meses. Hai poucos días cobraron a cantidade correspondente ao mes de maio, pero a empresa aínda lles debe o salario de xuño. 

Ademais, segundo din dende CC.OO, tampouco lles foi aboada a suba salarial do 5%, obrigatoria tras a firma do novo convenio colectivo do sector.  “O propio prego de condicións indicaba que, nesta situación, o Concello de Lugo aumentaría o prezo do contrato para asumir ese custo ata o límite do 5 % do prezo anual do contrato. Dito incremento xa foi aprobado na comisión de goberno municipal”, precisan.

Outros incumprimentos denunciados por CCOO son a non realización de medidas de promoción do emprego para persoas con dificultades de inserción no mercado de traballo, a non cobertura das ausencias de persoal, non dispor de acompañante para axudar as persoas usuarias, un déficilt da ratio de persoal debido á supresión de dous postos de traballo e a non renovación dos uniformes de traballo.

PREVISIÓNS PARA AS MOBILIZACIÓNS

Se ben dende Comisións Obreiras eloxian a profesionalidade do persoal do centro de día, que “leva adiante o traballo diario sen que repercuta negativamente na atención”, tamén entenden que é o Concello quen debe velar polo funcionamento do centro en primeira instancia.

Por iso, convocan concentracións de protesta a partir do vindeiro martes. Terán lugar os días 16, 18, 23, 26 e 30 de xullo de 11 a 11:30 horas diante do centro de día, na rúa Carril das Hortas.

ÚLTIMAS

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...

Adxudicada as obras de acondicionamento e mellora da LU-710 que conecta a N-V coa A-6, en Baralla

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 2.302.355 euros a execución...

Falece o empresario José Rouco tras saírse da vía co seu vehículo e chocar contra outros dous estacionados

O empresario José Rouco perdeu a vida tras saírse da vía co seu vehículo...