O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 4.615 persoas en abril en Galicia, o que supón un descenso do 2,7% en relación co mes anterior, case igual ao da media (-2,8%). Deste xeito, o total situouse en 166.226 desempregados na comunidade galega.
Por provincias, o desemprego reduciuse sobre todo en Pontevedra (-3,05%), con 2.068 parados menos. En termos relativos, en relación con marzo, seguiulle Lugo (-2,95%), con 482 parados menos. Despois foron A Coruña (-2,7%), con 1.818 menos e Ourense (-1,28%), con 247.
No conxunto estatal, a baixada foi en 91.518 desempregados en abril (-2,8%), superando o retroceso que experimentou no mesmo mes de 2018, cando diminuíu en 86.683 persoas. Tras este descenso, o volume total de parados situouse en 3.163.566 desempregados.
Hai que ter en conta que a Semana Santa, que adoita animar o mercado laboral, celebrouse este ano en abril, mentres que en 2018 tivo lugar en marzo. En termos desestacionalizados, o paro baixou no cuarto mes do ano en 19.136 persoas, segundo informou o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Os parados galegos repártense por sexos entre 96.158 mulleres e 70.068 homes; e por idades entre 8.070 menores de 25 anos e 158.156 do resto. Segundo sector de actividade económica, o desemprego na comunidade caeu en 2.991 persoas nos servizos, ata 113.202. A continuación, baixou en 281 parados a construción, ata 13.706; en 242 a industria, ata 18.782; e en 42 a agricultura, ata 6.128.
O colectivo de desempregados sen emprego anterior tamén descendeu, en concreto en 59 persoas, ata 14.408: delas, 1.122 menores de 20 anos e 6.107, maiores de 44