InicioAncaresMilleiros de persoas e máis de cen expositores na Feira do Queixo...

Milleiros de persoas e máis de cen expositores na Feira do Queixo do Cebreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, participaron este venres na XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro, coa que colabora o organismo provincial.

Esta cita, declarada Feira de Interese Turístico Galego, reuniu máis de 100 expositores que puxeron á venda máis de 3.000 pezas de queixo do Cebreiro e outros produtos tradicionais ou de indicación xeográfica protexida.

A XXXIII Feira do Queixo reuniu tamén a milleiros de persoas neste municipio, que ao longo de toda a xornada gozaron das ruadas a cargo da charanga DXT, dunha actuación de baile rexional a cargo da Asociación Cultural Xistra de Pedrafita do Cebreiro; da lectura do pregón, realizado por Manuel Lolo Aira, e dun xantar popular.

Esta cita enxalza o queixo do Cebreiro, produto que conta con Denominación de Orixe Protexida desde o ano 2008. A súa zona de produción comprende os concellos de Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei,...

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...