InicioDeportesOsasuna empata no tempo engadido ante unha positiva versión dun Lugo directo...

Osasuna empata no tempo engadido ante unha positiva versión dun Lugo directo (2-2)

Os lucenses adiantáronse 2-0 con goles de Cristian Herrera e Dani Escriche, pero Osasuna empatou no tempo engadido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou ante Club Atlético Osasuna (2-2), líder de LaLiga 1|2|3, na trixésimo terceira xornada ligueira con goles locais de Cristian Herrera e Dani Escriche, ámbolos dous novidades no once titular.

Os lucenses comezaron con moito ritmo e profundidade. Nos dous primeiros minutos, xogouse continuamente en campo contrario. Cristian Herrera gozou da primeira ocasión cun disparo cruzado. Osasuna responde no minuto 6 cunha chegada capitalizada por Rubén García. No minuto 9, “Josete” Malagón salvou un man a man de Brandon Thomas ante Juan Carlos Martín. Nunha nova contra, Brandon disparou cruzado e desviou Juan Carlos a saque de esquina. Os lucenses mantiñan a intensidade en todo momento. Así, no minuto 22 anotaban o 1-0 despois dunha contra que José Carlos Lazo tarda en combinar, Dani Escriche falla no man a man ante Rubén Martínez, pero Cristian Herrera marca no rexeite. Rubén García disparaba fóra dende fóra da área no minuto 24. Dende entón, ningunha chegada máis de Osasuna na primeira metade. No minuto 40, Sergio Gil bota unha falta indirecta e o central visitante David García cabeceou a córner, pero a piques estivo de entrar na súa propia portería.

No minuto 47, Miguel Vieira despexou un centro perigoso de Carles Clerc. Contestaba José Carlos Lazo e o seu disparo o desviaba Rubén Martínez. Miguel Vieira cabeceaba cruzado un saque de esquina. Os albivermellos seguían sendo superiores. O Lugo desperdiciou un novo contragolpe por un zurdazo excesivamente lonxano de Lazo cando tiña tempo para conducir tras pase de Escriche. Acto seguido, Rubén García non chegaba a rematar en boca de gol. E no minuto 61, Dani Escriche asinaba o 2-0 cun cabezazo. Osasuna, que trocou a un pivote defensivo (Oier Sanjurjo) por un extremo (Kike Barja), reduciu distancias no minuto 66 cun cabezazo despois dun centro de Rubén García. Intres despois, Toni Martínez, que entrada de refresco, tivo a opción de marcar o 3-1 a bocaxarro despois dun bo centro de Luis Ruiz. Pero o Lugo foi baixando o nivel físico e Osasuna medrando chegando con asiduidade a tres cuartos e sen profundo por bandas, especialmente por esquerda súa e dereita lucense. E, así, no tempo engadido, Xisco Jiménez empatou cun dereitazo a bocaxarro no primeiro pau despois dun centro de Róber Ibañéz. Incluso, os pamploneses puideron gañar, pero Juan Villar cabeceou ao poste tras un centro de Carles Clerc.

Os lucenses son decimoitavos con 34 puntos e un de marxe sobre o descenso.

Cristian Herrera marcou o seu sétimo gol da tempada, seis en Liga e un en Copa.

Dani Escriche anotou o seu terceiro tanto da campaña, dous en Liga e un en Copa.

Sergio Gil recibiu a quinta tarxeta amarela e cumprirá sanción.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...