InicioDeportesO Breogán perde no treito final (92-96)

O Breogán perde no treito final (92-96)

Os lucenses remontaron unha desvantaxe de 15 puntos, púxeron por diante con 7 puntos no derradeiro cuarto, pero sucumbiron nos minutos quentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cafés Candelas Breogán perdeu ante Montakit Fuenlabrada (92-96) e quédase con sete vitorias, polas nove dos fuenlabreños, que incluso remontaron o average directo.

Os lucenses comezaron con ritmo alto o partido. Despois de tres triplas consecutivas, as dúas últimas de Lucio Redivo. colocáronse con sete puntos por diante (13-6). Pero Fuenlabrada foi remontando co físico do base EJ Rowland e as transicións do aleiro Christian Eyenga e, cun parcial de 4-14, colocáronse con trece puntos de vantaxe. Os lucenses mantivéronse en partido e, pese a ser superados claramente en defensa, chegaron ao ecuador cun relativamente esperanzador 51-58.

Dende o terceiro cuarto, a dirección de Christian Díaz, a regularidade na pintura de Volodymyr Gerun e a anotación de Aleksandar Cvetkovic´puxeron aos breoganistas por diante cun punto. Henk Norel, incluso, debutou coma breoganista nese treito, aínda que cun papel testimonial. O partido convertíase en ida e volta cun Breogán atento ao rebote e contragolpeando coa forza de Johan Löfberg. Os lucenses vencían por sete puntos (90-83) no derradeiro cuarto. Unha lesión de Christian Díaz foi o prólogo á derrota final. Fuenlabrada foi máis eficaz e xestionou mellor o balón para gañar no treito final (92-96).

Ricardo Úriz, Christian Díaz e Alec Brown sofreron diferentes problemas físicos durante o partido.

O base EJ Rowland foi o máximo anotador de Fuenlabrada con 20 puntos, seguido polo aleiro Christian Eyenda, con 19.

Polos lucenses, Volodymyr Gerun foi o máximo encestador breoganista, con 18 puntos.

 

 

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...