InicioDeportesAs seleccións de Galicia e Catalunya celebrarán dous partidos amigables en Lugo...

As seleccións de Galicia e Catalunya celebrarán dous partidos amigables en Lugo esta fin de semana

O primeiro encontro disputarase o venres ás 20.30 horas no Pavillón Municipal de Lugo e enfrontará ás seleccións absolutas masculinas de Galicia e Cataluña

PUBLICADA O

O salón de plenos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación oficial dos partidos amigables que disputarán esta fin de semana as seleccións galega e catalá absolutas de fútbol sala, unha cita que converterá a cidade nun novo escaparate para este deporte.
No acto participaron a alcaldesa de Lugo, Elena Candia; o concelleiro de Cultura, Javier Vázquez; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón; e o director deportivo de fútbol sala da Real Federación Galega de Fútbol, Iván Pico.
O primeiro encontro disputarase o venres ás 20.30 horas no Pavillón Municipal de Lugo e enfrontará ás seleccións absolutas masculinas de Galicia e Cataluña. A segunda cita terá lugar o sábado 4 de xullo ás 11.30 horas, tamén no Municipal, co partido entre as seleccións absolutas femininas das dúas comunidades.
Durante a presentación, Elena Candia destacou a importancia de que Lugo continúe acollendo eventos deportivos deste nivel, que permiten achegar o deporte de elite á cidadanía e reforzan a actividade deportiva da cidade e animou aos afeccionados ao fútbol sala e á veciñanza a asistir a estes encontros, que servirán tamén para promocionar este deporte e seguir consolidando Lugo como sede habitual de competicións e eventos deportivos de primeiro nivel.
+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...