InicioDeportesUn Lugo moi superior na primeira metade sofre para gañar (3-2)

Un Lugo moi superior na primeira metade sofre para gañar (3-2)

Os lucenses suman xa 26 puntos grazas aos goles de Toni Martínez, José Carlos Lazo e Carlos Pita con tres asistencias de Juan Muñiz

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo gañou ao Rayo Majadahonda (3-2) na vixésimo terceira xornada de La Liga 1|2|3.

Os lucenses foron moi superiores na primeira metade creando ocasións dende a primeira xogada cun centro perigoso de Eduard Campabadal e finalización alta posterior de José Carlos Ramírez. Adiantáronse no minuto 24 cun gol de Toni Martínez, dianteiro que debutaba hoxe, ao rematar a bocaxarro un centro de Juan Muñiz . Toni, moi activo durante todo o partido, puido previamente adiantar ao equipo lucense nunha conducción potente que disparou fóra. Ao borde do descanso, combinación veloz e golazo de José Carlos Lazo para o 2-0 no ecuador tras asistencia de Muñiz ao primeiro toque.

Na segunda metade, o Rayo Majadahonda dominou dende o comezo coa entrada do volante arxentino-lucense Fede Varela e a profundidade de “Iza” Carcelén. Varela e Enzo Zidane dominaron o balón, crearon superioridades e moveron ao seu equipo mediante unha xestión notable co balón nos pés. Así, igualou con goles de Aitor Ruibal nun remate a bocaxarro co cóbado despois dun centro de Aitor García no minuto 46 e Manu del Moral de cabeza no 69 tras centro de Carcelén, pero Carlos Pita marcou o decisivo 3-2 no minuto 73 ao finalizar unha falta indirecta botada por Juan Muñiz no sexto tanto do hoxe central coruñés esta tempada. Os lucenses melloraron tras o 3-2 e, non sen sofrer, acadaron unha importante vitoria.

Os galegos son decimocuartos con 26 puntos, 5 de marxe sobre o descenso.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...