InicioDeportesO Club Deportivo Lugo cede a Borja San Emeterio á Cultural Leonesa

O Club Deportivo Lugo cede a Borja San Emeterio á Cultural Leonesa

O polivalente defensa só xogou un partido de Liga e outro de Copa, e ten contrato cos lucenses até o 30 de xuño de 2022

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anunciou a cesión do lateral dereito Borja San Emeterio á Cultural y Deportiva Leonesa, equipo do Grupo I de Segunda División B, até o final de tempada.

San Emeterio foi titular na derradeira xornada da primeira volta de La Liga 1|2|3 e na segunda rolda de Copa do Rei en setembro. Foron os seus dous únicos partidos oficiais. Lesionouse no partido copeiro en Albacete e non volveu adestrar co grupo até decembro.

O polivalente defensa ten contrato co Lugo até o 30 de xuño de 2022. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...