InicioDeportesUn Breogán competitivo nas triplas e no rebote perde no Palau Blaugrana...

Un Breogán competitivo nas triplas e no rebote perde no Palau Blaugrana (94-80)

Os lucenses chegaron a igualar o marcador no terceiro cuarto (54-54) cun acerto magnífico nas triplas nun partido no que competiron en todo intre e onde volveron amosar a súa eficacia no rebote ofensivo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán pechou a súa racha de catro vitorias consecutivas ao perder na súa visita ao F.C. Barcelona Lassa (94-80) na decimosexta xornada da Liga Endesa. O Breogán non contou finalmente co escolta arxentino Lucio Redivo.

Os breoganistas competiron en todo momento, especialmente grazas as súas triplas e o seu rebote ofensivo, aínda que lles faltou acerto na pintura e reducir as perdas.

Os lucenses comezaron de xeito solvente, grazas sobre todo a Johan Löfberg (2-5 e 4-7). No final do primeiro cuarto, o Barça conqueriu certa distancia (27-20) despois dunha tripla de Chris Singleton. Os barcelonistas continuaron con esta situación no comezo do segundo cuarto cun contragolpe anotado polo propio Singleton (35-22). O Breogán mantíñase en partido con dúas triplas consecutivas de Salva Arco (38-30). Era unha festival de triplas polos dous equipos. Cun lanzamento de tres puntos anotado polo culé Thomas Heurtel chegábase ao descanso (50-38).

No comezo do terceiro cuarto, exhibición do Breogán. Entre Aleksandar Cvetkovic e Elijah Millsap, os lucenses igualaban o partido (54-54). Dende aí, Thomas Heurtel e Adam Hanga foron determinantes en dirección, anotación e defensa. Chegábanse aos derradeiros dez minutos con 77-66 no marcador tras unha tripla de Kevin Pangos.

O Breogán, pese a tentativas de xogadores coma Millsap e Alec Brown, non foi quen de remontar e perdeu finalmente por 14 puntos (94-80).

Aleksandar Cvetkovic foi o máximo anotador do Breogán, con 16 puntos, seguido por Alec Brown, con 14, e Millsap, con 11.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...