InicioDeportesAlberto Monteagudo: "Tentar mirar un pouco máis alto e non sofrer"

Alberto Monteagudo: “Tentar mirar un pouco máis alto e non sofrer”

O adestrador albivermello explicou que "hai algunhas molestias, algunha pequena dúbida" e aclarou que Vasyl Kravets, baixa na pasada convocatoria, "está ben"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra o Real Sporting de Gijón mañá sábado no estadio Ángel Carro a partir das 13 horas.

Monteagudo afirmou que queren “confirmar un pouco esa dinámica”, “é un partido como para enviar unha mensaxe” que van “tentar mirar un pouco máis alto e non sofrer polas posicións de abaixo”. Ademáis, considera que o Sporting é “un rival idóneo entre comiñas por como vén” porque vailles “confirmar” se os lucenses son capaces de gañar.

Opinou que deben “deixar centrar menos”.

O adestrador albivermello comentou que “hai algunhas molestias, algunha pequeña dúbida, pero, en principio, a xente está ben”, ademáis do “sancionado (Luis Ruiz)”. “Mañá confirmaremos se está todo o mundo ben”, explicou. Aclarou que “Vasyl (Kravets) está ben” despois de ser baixa na convocatoria pasada.

Contestou que, en relación a Jona Mejía, “o obxectivo é tentar poñerlle balóns para recuperalo, sobre todo, a nivel de sensacións súas para que faga gol”. Subliñou que traballa e está “con gañas de facer as cousas”, así como é “o dianteiro máis centro”, “máis puro” e “máis referencia” que teñen. “Saiu con moi boa actitude, na xogada que ten non decide ben”, valorou sobre o papel do dianteiro malagueño na pasada xornada.

 

 

 

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...