InicioDeportesUn Lugo novamente xerador e vertical materializa as sensacións positivas (4-2)

Un Lugo novamente xerador e vertical materializa as sensacións positivas (4-2)

Os lucenses impuxéronse sendo superiores e creando numerosas ocasións cuns extraordinarios Cristian Herrera e José Carlos Lazo ante unha Unión Deportiva Las Palmas na que o galego Álvaro Lemos, ex Lugo, impartiu un recital de centros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo gañou á Unión Deportiva Las Palmas (4-2) e confirmou as sensacións positivas dos dous partidos precedentes, rematados con derrota, e materializou catro goles nun partido onde xerou continuamente chegando a portería rival en poucos toques.

Despois duns primeiros minutos de tanteo, a Unión Deportiva Las Palmas avisaba cun centro dun activísimo Álvaro Lemos, primeiro de extremo e logo como lateral dereito e que contabilizou até 14 centros perigosos durante o partido. Segundos despois, José Carlos Lazo botou unha falta indirecta e Iriome cabeceou picado excesivamente alto. Un penalti de Deivid Rodríguez sobre José Carlos Lazo posibilitou, no minuto 12, o primeiro gol do Lugo unha vez que Cristian Herrera, ao igual que ante o Córdoba C.F., enganara ao porteiro para enviar o balón á rede. Dous minutos despois, sen reacción grancanaria, Lazo, que completou un extraordinario partido, disparou dende fóra do área despois dunha diagonal, pero o seu balón foi rexeitado por Nauzet Pérez. Dende aí, Lemos protagonizou cada ofensiva da U.D. Las Palmas con tres centros perigosos consecutivos. En cambio, Ramón Azeez tivo a ocasión para o 2-1 cun zurdazo na frontal do área, mais o seu golpeo marchou elevado. Ao cuarto centro prácticamente seguido de Lemos, Juan Cala rematou a gol un saque de esquina para anotar o 1-1 no minuto 25. Cala cabecea en primeira instancia e despois disparou con potencia a gol. Dende aí, detiveronse as ocasións ata que, no minuto 36, David Timor lanzou unha falta indirecta centrada que Juan Carlos Martín blocou con seguridade. Segundos despois, centro de Vasyl Kravets dende banda esquerda, Daniel Escriche peitea levemente e Cristian Herrera, en remate pouco ortodoxo, asinaba o 2-1 e o seu segundo gol no encontro. Puido chegar o 3-1 nun despexe cara a súa propia portería de Sergio Araujo. Avisaba a Unión Deportiva cun pase longo de Íñigo Ruiz de Galarreta que controlaba Maikel Mesa, pero remataba en córner. Cunha magnífica conducción de Cristian Herrera dende campo propio que finalizaba coa pierna diestra e golpeo desviado por Nauzet Pérez remataba a primeira parte.

A segunda metade comezou cun novo centro perigoso de Álvaro Lemos. Pero foi o Lugo o que asinaba o 3-1. Foi no minuto 47 cun pase filtrado exquisito de José Carlos Lazo que Daniel Escriche definiu a gol no man a man ante Nauzet Pérez. Unha obra de arte. Oito minutos despois, a U.D. reducía distancias cun cabezazo fantástico de Maikel Mesa tras centro do omnipresente Álvaro Lemos. Tres minutos despois, centro de Lemos que Rubén Castro remata alto. Lemos seguía percutindo pola súa banda, agora como lateral dereito trala entrada ao campo de Fidel Chaves, extremo dereito substituíndo a David García, lateral dereito. E, no 61, disparou ao pau de Sergio Araujo cun zurdazo tras unha recuperación alta do equipo grancanario. Contestaba o Lugo con dous remates consecutivos de Cristian Herrera, que estivo preto do seu hat-trick. No 70, disparo ao pau do sempre descarado Daniel Escriche. Cristian, pouco despois, continuaba o asedio momentáneo lucense cun disparo fóra tras atacar ao espazo. Segundos despois, Fidel Chaves, que desequilibrou, disparou alto buscando o empate. E Lemos seguía centrando e centrando con perigo. E, incluso, no minuto 78 finalizou unha xogada individual cun zurdazo que desviaba a defensa lucense a córner. E, despois do saque de esquina, Maikel Mesa curtaba a contra do Lugo conducida por Vasyl Kravets. O primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, Alberto Jiménez Monteagudo, no minuto 84, reforzaba a defensa cun terceiro central: Bernardo Cruz. No minuto 86, contragolpe de Danny Blum, que entrou de refresco como extremo esquerdo, e desbarataba Kravets. E no minuto 92, Iriome recibía de espaldas e enviaba un zapatazo potentísimo axustado para asinar o definitivo 4-2.

O Club Deportivo Lugo encadena a segunda vitoria consecutiva e suma 19 puntos, 3 de marxe sobre o descenso.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...