InicioDeportesO Club Deportivo Lugo recupera a ledicia (2-1)

O Club Deportivo Lugo recupera a ledicia (2-1)

Un gol de penalti de Cristian Herrera e outro de Iriome posibilitaron os tres puntos ante un Córdoba C.F. superior ao comezo e na segunda metade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo volveu á senda da vitoria despois de catro xornadas e 378 minutos sen marcar gol ao vencer ao Córdoba C.F. (2-1) grazas aos goles de Cristian Herrera e Iriome González. Os lucenses son, provisionalmente, decimoquintos con 16 puntos.

Despois dun treito inicial sen chegadas, o Lugo avisou cun zurdazo excesivamente desviado de José Carlos Lazo. Co paso dos minutos, o Córdoba C.F., no primeiro partido de Curro Torres como novo primeiro adestrador, combinaba máis e mellor. Así a todo, non se traducía con ocasións, salvo un disparo dende fóra do área de Luismi Quezada, que desviaba Juan Carlos Martín. Os cordobesistas dominaban lixeiramente. Pero, no minuto 24, centro de Iriome González dende banda dereita e o visitante Álex Vallejo tocaba o balón coa man. O árbitro decretaba penalti. Cristian Herrera, con frialdade e clase, marcou o 1-0 e pechaba a racha negativa dos lucenses sen marcar, que xa se marchaba aos 378 minutos. Sen tempo para a pausa, o Lugo melloraba e buscaba o segundo gol. Así, centro dende banda esquerda de Luis Ruiz e Iriome, na área pequena, remataba a gol para anotar o 2-0. O Lugo recuperaba sensacións e aumentaba a confianza. No minuto 41, Quim Araujo puido reducir distancias ao enviar un zurdazo ao longueiro dende fóra da área. No rexeite, Federico Piovaccari non puido rematar a gol e golpeouse testa con testa con “Josete” Malagón. Ámbolos dous tiveron que ser atendidos, pero Malagón foi cambiado no descanso por Bernardo Cruz.

Dende o comezo da segunda metade, profundidade por bandas e superioridade do Córdoba ante un Lugo que defendía en bloque baixo. No minuto 49, Quim Araujo tivo a primeira ocasión nesta segunda parte cun disparo tras centro de Álvaro Agudo que desviou Juan Carlos. Dous minutos despois, centro-chut de Luismi Quezada que para Juan Carlos. A banda esquerda cordobesista, con Luismi Quezada e Javi Galán, percutía continuamente. Así, no minuto 55, chegaba o 2-1 cun centro de Quezada que Miguel de las Cuevas remataba a gol na área pequena. Alberto Monteagudo movía ficha e introducía un terceiro mediocentro (Giorgi Aburjania) por un dianteiro (Dani Escriche). O Lugo buscaba as contras, como nunha opción desperdiciada por un golpeo excesivamente centrado de José Carlos Lazo. No minuto 74, paradón de Juan Carlos despois dun testarazo peiteado por Álex Vallejo nun saque de esquina. Con máis chegadas laterais do Córdoba e dous saques de esquina consecutivos a prol dos andaluces pechábase un partido que supón a volta do Lugo á senda da vitoria tras catro xornadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...