InicioDeportesNatxo Lezkano: "Manresa vai estar loitando por estar en zona de playoff"

Natxo Lezkano: “Manresa vai estar loitando por estar en zona de playoff”

O adestrador breoganista opinou que Tarence Kinsey "estaba a aportar pouco, sobre todo polas circunstancias das súas lesións, para a importancia que debería ter un xogador estranxeiro"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu na rolda de prensa previa ao partido contra BAXI Manresa o domingo a partir das 12:30 horas no Nou Congost na décima xornada da Liga Endesa.

Lezkano valorou a rescisión de contrato de Tarence Kinsey: “Estaba a aportar pouco, sobre todo polas circunstancias das súas lesións, para a importancia que debería ter nun equipo como o noso un xogador estranxeiro. Estábase a perder moitos partidos. Precisamos un xogador que nos dé un pouco máis, que sexa un factor diferencial como teñen o resto dos equipos. Non lle importou marcharse. Probablemente non poidamos optar a un xogador determinante, pero sí importante”.

Sobre Manresa, opinou que “é un equipo que fixo as cousas moi ben, ten experiencia na categoría, ficharon a un moi bo adestrador, mantiveron unha base de xogadores LEB de moi bo nivel, con pernas frescas e ficharon xogadores de primeiro nivel e o están a facer moi, moi ben”, así como “un equipo moi sólido, moi físico, con moito talento, con moita confianza”, “todos nun bo momento na súa carreira”, “vaise salvar moi fácil e vai estar loitando por estar en zona de playoff”. Destacou individualmente a Alex Renfroe e a Ryan Toolson.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...