InicioDeportesO lucense Fran Vázquez, convocado coa selección española

O lucense Fran Vázquez, convocado coa selección española

O chantadino forma parte da lista de 16 xogadores para enfrontarse a Turquía en Ankara o xoves 29 de novembro e a Ucraína o domingo 2 de decembro en La Laguna (Tenerife)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ala-pívote lucense Fran Vázquez, xogador de Tecnyconta Zaragoza, foi convocado pola selección española absoluta de baloncesto para xogar a quinta fiestra FIBA de clasificación para o Mundial de 2019. Vázquez foi seleccionado en tres das catro convocatorias desta fase clasificatoria.

O chantadino forma parte da lista de 16 xogadores para enfrontarse a Turquía en Ankara o xoves 29 de novembro e a Ucraína o domingo 2 de decembro en La Laguna (Tenerife).

España é lider do Grupo 1 con sete vitorias e unha derrota.

Tamén están citados os galegos Alberto Abalde e Jonathan Barreiro, así como Nacho Llovet, xogador de Monbús Obradoiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...