InicioDeportesDerrota dun Breogán competitivo ata o final (78-72)

Derrota dun Breogán competitivo ata o final (78-72)

Volodymyr Gerun foi o breoganista máis valorado ao aportar 16 puntos e 9 rebotes para 27 puntos valorativos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita a Unicaja Málaga (78-72) na oitava xornada da Liga Endesa.

O partido comezou igualado (10-10 na metade do primeiro cuarto), pero con Jaime Fernández, máximo anotador final do encontro con 24 puntos, Unicaja comezou as súas primeiras vantaxes.

O acerto de Aleksandar Cvetkovic e o sempre fiable Jerome Jordan axustaron as diferenzas no segundo cuarto (29-26). Pero Jaime Fernández foi novamente decisivo para ampliar a vantaxe local ao descanso (39-28).

Xa no derradeiro cuarto, dúas triplas de Lucio Redivo achegaban ao Breogán (59-54). Nos derradeiros intres, Jaime Fernández anotou catro tiros libres. Os lucenses tiveron as súas opcións cunha tripla errada por Alec Brown, así como nunha contra na que os galegos cometeron falta en ataque.

O Breogán foi competivo ata o final, nunca se foi do partido, estivo fantástico no rebote ofensivo, pero amosou novamente excesivo desacerto exterior.

Volodymyr Gerun foi o breoganista máis valorado ao aportar 16 puntos e 9 rebotes para 27 puntos valorativos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...