InicioDeportesAlberto Monteagudo afirma que os xogadores "ven que atacan moito mellor máis...

Alberto Monteagudo afirma que os xogadores “ven que atacan moito mellor máis preto da portería”

Analizou que o Alcorcón destaca por ser "solidario, traballan xuntos, defenden xuntos", "é o que menos encaixa" de La Liga 1|2|3, "cada gol deles é case, case unha vitoria" e "corre ao espazo, ten xente rápida"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa antes de recibir a visita da A.D. Alcorcón no estadio Ángel Carro mañá sábado a partir das 18 horas na decimoterceira xornada de La Liga 1|2|3.

O adestrador albivermello explicou que no vestiario hai “optimismo”, están “collendo as ideas do novo adestrador” e espera “unha vitoria” que lles permite “seguir crendo nesta maneira de interpretar con balón e sen balón”. “Eles ven que para atacar, atacan moito mellor máis preto da portería”, comunicou.

Alberto Jiménez Monteagudo subliñou a “intensidade da primeira parte de Reus e contra o Levante” e “esa velocidade de circulación de balón”, pero quere “darlle continuidade 90 minutos”.

O preparador albaceteño explicou que teñen “10-12-15 centros por parte con moita xente dentro do área”. “Botamos en falta un pouco ese olfato matador que teñen que ter os dianteiros, os mediapuntas e os bandas”, afirmou.

Analizou que o Alcorcón destaca por ser “solidario, traballan xuntos, defenden xuntos”, “é o que menos encaixa” de La Liga 1|2|3, “cada gol deles é case, case unha vitoria” e “corre ao espazo, ten xente rápida”.

Preguntado por Juan Muñiz, respondeu que lle “gusta o (xogador) talentoso” e “sempre” tivo “un feeling especial” con ese perfil de futbolistas. “Ten calidade. Se interpreta ben que cando non teñamos a pelota hai que roubala rápido e son 5 segundos de apretar para non ter que andar 30 metros cara atrás seguramente ten que ter protagonismo”, asegurou.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...