InicioDeportesJavi López: "Eduard Campabadal non vai xogar porque sería meterlle unha carga...

Javi López: “Eduard Campabadal non vai xogar porque sería meterlle unha carga desproporcionada”

O primeiro adestrador albivermello comentou que "Josete" Malagón "vaise recuperar perfectamente esta semana"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador do Club Deportivo Lugo, adiantou que o lateral dereiro Eduard Campabadal “non vai xogar porque sería meterlle unha carga desproporcionada” no partido de mañá ante a Agrupación Deportiva Alcorcón no estadio Ángel Carro a partir das 20 horas na terceira rolda de Copa do Rei. Campabadal competiu nas últimas tres xornadas de Liga e na segunda rolda de Copa despois de sofrer unha grave lesión en decembro pasado. Afirmou que ten “varias opcións” nese posto con xogadores que non compiten habitualmente nesa demarcación e “igual” dalle “45 minutos e 45 minutos a dous xogadores”.

López respondeu que “Josete” Malagón, sustituido na pasada xornada en Tenerife, “vaise recuperar perfectamente esta semana”.

Opinou que o Alcorcón é un “moi bo equipo, fixo funcionar a un colectivo moi ben, un equipo presionante, está moi ben organizado, traballa ben as transicións, tamén é capaz de manexar o balón e defende moi ben”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...