InicioDeportesO Breogán e a maxia do Pazo volven gañar en ACB máis...

O Breogán e a maxia do Pazo volven gañar en ACB máis de doce anos despois (86-79)

Vendaval breoganista ao inicio (21-11), os 17 puntos de Jerome Jordan e a enerxía de Lucio Redivo (15 puntos) e Volodymyr Gerun (12 puntos) foron decisivos, así como ese sexto xogador que é a apaixonada afección breoganista

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán sumou a súa primeira vitoria en Liga Endesa nesta tempada ao vencer a Movistar Estudiantes (86-79).

Unha canastra de dous puntos de Sergi Vidal inauguraba a volta da Liga Endesa a Lugo. Ao comezo, vendaval lucense e, con dúas triplas consecutivas de Emir Sulejmanovic, o Breogán lideraba o marcador coa máxima vantaxe do partido (21-11). Posteriormente, parcial de 2-14 favorable a Estudiantes (13-25) grazas, especialmente, a Goran Suton. Dende aí, intercambios de canastras e o Breogán chegou gañando ao descanso (44-41) por tres puntos.

Na segunda metade, a defensa de Tarence Kinsey, a forza na pintura de Volodymyr Gerun e dúas triplas consecutivas de Lucio Redivo mediado o derradeiro cuarto superaron os intentos de Estudiantes por remontar ante un Darío Brizuela que rematou con 18 puntos.

Jerome Jordan foi o máximo anotador do Breogán con 17 puntos, polos 16 de Cvetkovic, 15 de Redivo e 13 de Sulejmanovic.

Unha noite celeste e feliz.

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...