InicioDeportesNatxo Lezkano: "Temos moitísimas gañas, moitísima ilusión"

Natxo Lezkano: “Temos moitísimas gañas, moitísima ilusión”

O adestrador breoganista afirmou que "isto ten que ser tódolos días o Pazo das grandes ocasións e cada día vai ser unha gran ocasión"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Club Baloncesto Breogán, compareceu na rolda de prensa previa antes da primeira xornada da Liga Endesa este domingo 30 de setembro no Pazo dos Deportes fronte ao Club Joventut de Badalona a partir das 17 horas. Antes, o Breogán anunciou en rolda de prensa que vestirá o lema turístico “LugoCambia” durante a Liga Endesa para promocionar a provincia de Lugo.

Lezkano confirmou a baixa de Henk Norel e “a case segura de Ricardo Úriz”. Engadiu que “seguras ao cen por cen ningunha máis”. “Temos xogadores tocados, prácticamente non adestraron. Imos ver se chegan ao domingo”, explicou. “Os que están ben chegan moi ben. Os dous bases que xogaron e Johan Löfberg. Volodymyr Herun, malia que estivo coa súa selección, chega ben. Alec Brown xa vai bastante mellor do nocello, non vai chegar ao cen por cen, mais vai chegar en boas condicións. Romaric Belemene fixo moi boa pretempada”. “Veulles moi ben, sobre todo a eles, que quizais son os que menos experiencia tiñan na liga”, comentou.

Explicou as sensacións dos equipo: “Temos moitísimas gañas, moitísima ilusión. O feito de que se venderan tódolos abonos de tempada fai que teñamos máis gañas. Isto ten que ser o Pazo das grandes ocasións. Cada día vai ser unha gran ocasión”.

Reflexionou que o Club Joventut de Badalona é “moi bo equipo, un equipo que o ano pasado pasou problemas, deu un salto de calidade importante, ten a continuidade do adestrador da segunda parte da tempada, mantivo algúns xogadores importantes e moi boas incorporacións”. Considera que “vai ser dos equipos que loiten máis arriba” e subliñou que “ten moi bos tiradores”. Citou ao base arxentino Nicolás Laprovittola, que “xera moitas ocasións de bloqueo directo e de vantaxe”. Tamén contestou que cre que o Joventut vai fichar a Marko Todorović, que “fixo toda a pretempada con eles”.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...