Por cada 1.442 lucenses hai un negocio deportivo na provincia

Na clasificación feita por provincias e comunidades autónomas, Lugo ocupa a posición 19 da mesma.

Estadio Anxo Carro | CDLugo

Por cada 1.440 galegos hai un negocio deportivo en toda a comunidade. En especial, destaca A Coruña, xa que ocupa o oitavo posto de afición deportiva nesta clasificación deportiva por provincias e comunidades autónomas.

Son datos extraídos por esta guía tras analizar os informes do INE “Empresas por CCAA, actividade principal e estrato de asalariados” e “Locais por provincia, actividade principal e estarto de asalariados”, así como o “Anuario de Estatísticas Deportivas 2021” do Ministerio de Cultura e Deporte.

Na provincia da Coruña hai rexistradas un número que rolda as 874 empresas deportivas. Os datos recollen as empresas de xestión de instalacións deportivas, ximnasios, clubs e outras actividades deportivas segundo o epígrafe 931 da CNAE e non inclúen os establecementos de venda polo miúdo de equipamento deportivo.

En total, e segundo estes estudos, podemos afirmar que o mercado do deporte na Coruña rolda os 68,21 millóns de euros nas actividades descritas con anterioridade. Non obstante, según os estudos oficiais, si é posible estimar que o mercado da venda polo miúdo de equipamento deportivo – roupa, calzado, materiais utilizados nas distintas disciplinas- rolda na Coruña os 22,18 millóns de euros.

RESTO DA COMUNIDADE

Pontevedra ocupa o décimo posto da clasificación e hai un negocio deportivo por cada 1.316 persoas. O seu mercado rolda os 57,37 millóns de euros que se traduce en 18,65 millóns de euros en equipamento deportivo.

Por outra banda, Lugo está no posto 19 da clasificación e por cada 1.442 persoas existe un negocio deportivo. O seu valor de mercado rolda os 19,80 millóns de euros, dos cales 6,44 millóns invírtense en material deportivos.

Por último, Ourense ocupa a posición 39 da mesma e hai un negocio deportivo por cada 1724 persoas. O mercado do deporte en Ourense está nos 18,52 millóns de euros nas actividades descritas con anterioridade, e en canto aos materiais deportivos destina 6,02 millóns de euros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here