InicioDeportesDurán Maquinaria Ensino renova á base Sara Cuiña

Durán Maquinaria Ensino renova á base Sara Cuiña

A “playmaker” de Pontedeume cumprirá a súa sétima tempada no club e compatibilizará o primeiro equipo e o conxunto sénior autonómico

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Durán Maquinaria Ensino Lugo, que competirá a vindeira tempada en Liga Día, máxima categoría do baloncesto español, confirmou a renovación da base Sara Cuiña López. A xogadora, de 24 anos e 1.69 metros de estatura, cumprirá a súa sétima tempada no club e compatiblizará a primeira plantilla e o equipo sénior autonómico. Chegou procedente do C.B. Pontumio, onde se formou. Toda a súa carreira sénior estase a desenvolver no Ensino. É a quinta renovación do equipo presidido por Manuel Durán polo de agora.

A pasada tempada en Liga Feminina 2, a base de Pontedeume promediou 4.1 puntos,  1.9 rebotes, 1.2 asistencias e 1 recuperación en 13’40” por partido.

Segundo o club, Sara Cuiña destaca no “tiro exterior, a capacidade de sacrificio polo ben do grupo e a habilidade para iniciar o xogo ofensivo a gran velocidade”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...