InicioDeportesJavi López adianta a baixa de Cristian Herrera mañá por problemas estomacais

Javi López adianta a baixa de Cristian Herrera mañá por problemas estomacais

O adestrador albivermello afirmou que está "moi, moi ledo" con José Carlos Lazo, Dani Escriche e Giorgi Aburjania, que entraron na segunda metade na pasada xornada en Granada (1-1)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador de Club Deportivo Lugo, adiantou hoxe en rolda de prensa a baixa do dianteiro Cristian Herrera no partido de mañá contra o C.D. Numancia ás 16 horas no estadio Ángel Carro debido a “problema estomacal” que lle fixo pasar “a noite no hospital”.

O técnico barcelonés comentou que o equipo traballou esta semana “moi ben, na liña de ir mellorando día a día”, “con moita ilusión e moitas gañas”. Amosouse “moi, moi ledo” con José Carlos Lazo, Dani Escriche e Giorgi Aburjania, que entraron na segunda metade na pasada xornada en Granada (1-1).

Criticou a hora do partido (16 horas) pola previsible calor e contestou que en Galicia “hai sol”, polo que é “mal horario e mal negocio para os futbolistas e para os que queiran vir ao campo”.

Analizou que o Numancia é un equipo “aberto e atrevido, gústalle ter o balón” e cun esquema de “4-3-3”.

O Club Deportivo Lugo comunicou que tódolos xogadores están xa inscritos en La Liga. Javi López explicou que Guille Donoso tiña “o cartel de que ía ter saída”, pero “fóronselle pechando algunhas portas”. A axencia de representación de Donoso confirmou a súa continuidade no club. No caso de Ramón Azeez, “está nunha situación que se aclarará hoxe”, declarou López.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...