InicioDeportesA líbero Paula Lorenzo renova co Club Voleibol Emevé

A líbero Paula Lorenzo renova co Club Voleibol Emevé

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a renovación da líbero Paula Lorenzo Santos para a vindeira tempada en Superliga 1, máxima categoría do voleibol feminino español. Lorenzo, de 18 anos, competirá en Superliga 1 na súa primeira campaña como xogadora sénior. 

O Emevé subliña a súa “fidelidade” e agradécelle a “confianza e entrega“.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´ e a citada líbero Paula Lorenzo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova e Tea Andric´son as tres fichaxes polo do momento.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...