InicioDeportesO dianteiro lucense Luis Fernández comeza unha segunda etapa no UCAM Murcia...

O dianteiro lucense Luis Fernández comeza unha segunda etapa no UCAM Murcia C.F.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Luis Fernández Teijeiro cumprirá a súa segunda etapa no UCAM Murcia C.F. O punta de Burela procede do filial do Real Club Deportivo da Coruña, co que xogou a última tempada en Segunda División B marcando 5 goles en 14 partidos despois dunha grave lesión. O lucense, que xa se formara no Dépor e competiu durante a tempada 2013-2014 co primeiro equipo deportivista, recuperouse nas instalacións deportivistas dunha rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo e así xurdiu a opción de competir co Fabril, filial deportivista, para recuperar sensacións. O Fabril rematou en segunda posición no Grupo 1 de Segunda B só por detrás do Rayo Majadahonda.

Luis Fernández, de 24 anos, formouse no Ural C.F. Marcou 27 goles co Fabril, filial do Dépor, na tempada 2012-2013 en Terceira División. Meses antes, sufrira a rotura do ligamento cruzado do xeonllo dereito. Debuta co primeiro equipo do Dépor na tempada 2013-2014 en Segunda División marcando 6 goles en 30 partidos, 13 deles como titular, e acada o ascenso á Primeira. Na seguinte campaña, xoga cedido no Club Deportivo Lugo anotando 5 goles en 26 encontros. No campionato 2015-2016, marcha cedido á S.D. Huesca aportando 5 goles en 29 partidos. Unha tempada despois, ficha pola A.D. Alcorcón, marcando 1 gol en 10 encontros. En xaneiro, ficha polo UCAM Murcia C.F., co que só xoga 5 partidos antes de sufrir a rotura de ligamento cruzado do xeonllo esquerdo.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

A ausencia de tres deputados do PSdeG díscolos con Tomé fan que perda votacións no pleno provincial de Lugo

O PSdeG perdeu votacións no pleno da Deputación de Lugo celebrado na mañá deste...

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por...

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...