InicioDeportesO pívot estadounidense Alec Brown reforza ao Club Baloncesto Breogán

O pívot estadounidense Alec Brown reforza ao Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán anunciou a fichaxe do pívot estadounidense Alec Thomas Brown, de 26 anos e 2.16 metros de estatura. Procede do Club Estudiantes de Baloncesto, onde xogou dende abril de 2017. Na pasada Liga ACB, promediou 11 puntos, 5 rebotes (2 ofensivos), 1 tapón, 1 asistencia e 1 recuperación en 21 minutos de xogo por partido cuns promedios de 37 % en triplas, 50 % en lanzamentos de dous puntos e 84 % en tiros libres. Nun partido ante Basket Zaragoza na capital aragonesa, anotou 22 puntos. Ademáis, anotou 18 puntos en tres encontros; 16 nun; 15 noutro; 14 en tres; e 13 en catro. En total, 18 partidos con dobles díxitos.

Compite con praza de extracomunitario.

Alec Brown xogou en Obradoiro C.A.B. na tempada 2015-2016. Na seguinte campaña, xoga en Windy City Bulls, da D-League de Estados Unidos (a liga de desenvolvemento da NBA), pero en abril de 2017 ficha por Club Estudiantes, onde renova no verán e xoga tamén o campionato 2017-2018 competindo en Liga ACB e Basketball Champions League.

En 2014, foi elixido no Draft da NBA no número 50 por Phoenix Suns.

É internacional por Estados Unidos, co que gañou a medalla de ouro da FIBA AmeriCup en 2017.

Disputou a NBA Summer League de Las Vegas en 2014, 2015, 2016 e 2017.

Alec Brown formouse no High School de Winona (Minnesota, Estados Unidos) e competiu entre 2010 e 2015 con Wisconsin-Green Bay, na NCAA. En febreiro de 2015, ficha por Bakersfield Jam, da D-League, a liga de desenvolvemento da NBA.

É a cuarta incorporación do Breogán despois das dos tamén pívots Emir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista), Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Norel e Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

ÚLTIMAS

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...

Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este xoves un terremoto de magnitude 3 no municipio lucense de...