InicioDeportesRegina Gómez renova co Durán Maquinaria Ensino Lugo

Regina Gómez renova co Durán Maquinaria Ensino Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Durán Maquinaria Ensino Lugo Club Baloncesto anunciou a renovación da escolta compostelana Regina Gómez, unha das protagonistas do ascenso á Liga Día e que cumprirá a súa segunda tempada consecutiva no club e novena durante tres etapas diferentes. Regina, de 37 anos e 1.73 metros de estatura, promediou 16.4 puntos, 3.7 rebotes, 3.7 asistencias e 2.5 recuperacións para unha valoración de 15.4 durante a pasada Liga Feminina 2. Na fase de ascenso en Valencia, rematou cunha media de 15 puntos, 7 rebotes, 9 asistencias e 3 roubos para unha valoración de 25. A escolta galega está a piques de chegar aos 5000 puntos anotados.

Regina volverá competir na máxima categoría, competición na que xogou nove tempadas. Participou en Liga Feminina entre 1999 e 2002 co A.D. Cortegada, entre 2002 e 2004 co propio Ensino, na campaña 2004-2005 novamente co Cortegada, no campionato 2006-2007 co Ensino outra vez, na tempada 2008-2008 co Club Bàsquet Puig d’en Valls e na campaña 2012-2013 co Club Baloncesto Ciudad de Burgos.

Segundo o Ensino, é unha “referente no club polo seu esforzo e adicación”. Tamén, considera que é “unha escolta cun físico prodixioso, unha gran capacidade no traballo diario e un carácter puramente gañador”. O club tamén afirma que “ofensivamente interpreta o contragolpe como ninguén e xera moito xogo dende o bote”.

 

 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...