InicioDeportesO Durán Maquinaria Ensino Lugo comezará a Liga Día visitando a Cadi...

O Durán Maquinaria Ensino Lugo comezará a Liga Día visitando a Cadi La Seu

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Durán Maquinaria Ensino Lugo Club Baloncesto, novo equipo da Liga Día, máxima categoría do baloncesto feminino, comezará a competición ligueira visitando a Cadi La Seu o sábado 13 de outubro. O primeiro partido en Lugo será na segunda xornada o mércores 17 de outubro contra Quesos El Pastor no Pazo dos Deportes. Os horarios están pendientes de confirmarse.

Por exemplo, o Ensino xogará contra o campión das últimas tres ligas, Perfumerías Avenida, en Salamanca na sexta xornada o 10 de novembro e en Lugo o 9 de febreiro na decimonovena data.

A primeira volta rematará o domingo 30 de decembro. A Copa terá lugar entre o 28 de febreiro e o 3 de marzo. A liga regular finalizará o domingo 7 de abril. Os playoffs comezarán, en principio, o 10 de abril.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...