InicioDeportesO dianteiro lucense Dani Pedrosa adestra co Real Valladolid

O dianteiro lucense Dani Pedrosa adestra co Real Valladolid

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Dani Pedrosa comezou esta mañá os adestramentos co primeiro equipo do Real Valladolid, conxunto de Primeira División. O punta de Ribadeo foi elixido para exercitarse co primeiro equipo vallisoletano despois de fichar polo filial do Real Valladolid, que xoga en Segunda División B, co que asinou por unha tempada con tres máis opcionais.

Dani Pedrosa realizará adestramentos cun Real Valladolid que ascendeu na promoción baixo a dirección do adestrador Sergio González, ex xogador do R.C.D. Espanyol e R.C. Deportivo da Coruña e que chegou ao banquiño do club a falta de oito xornadas para o remate da liga. Hoxe en día, o equipo só conta cun dianteiro: Chris Ramos, aínda que o polivalente Óscar Plano tamén podería competir como “nove”.

Pedrosa, de 21 anos, debutou oficialmente co Club Deportivo Lugo na tempada 2013-2014 en Huelva fronte ao Real Club Recreativo de Huelva (1-0) en partido de terceira rolda de Copa. A seguinte campaña, debutou en Segunda División co Lugo sendo titular ante o Albacete Balompié no estadio Ángel Carro de Lugo (1-1).

Pedrosa marchouse cedido do Club Deportivo Lugo á U.D. Somozas, de Segunda B, no mercado de inverno de 2016 xogando 11 partidos e marcando 1 gol. Na seguinte tempada, foi novamente a préstamo á U.D. Somozas xogando 27 encontros.

Acumula 71 partidos en Segunda División B pese aos seus só 21 anos.

O 8 de decembro de 2015, marcou seis goles nun partido amigable co Club Deportivo Lugo contra o Viveiro C.F. na Pontenova.

Dani Pedrosa é un dianteiro versátil, técnico, de elegante conducción e con fortaleza física. Pode xogar como punta puro, segundo dianteiro, mediapunta o falso extremo dereito.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...