InicioDeportesJuan Muñiz é o quinto reforzo do Club Deportivo Lugo

Juan Muñiz é o quinto reforzo do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anuncia a súa quinta fichaxe, o mediapunta ou extremo zurdo Juan Muñiz Gallego, de 26 anos e que procede do Gimnàstic de Tarragona. O xogador asturiano e formado no Real Sporting de Gijón, onde xogou seis tempadas no primeiro equipo, asina por dúas campañas. Destaca pola súa exquisita calidade técnica e golpeo de balón.

Juan Muñiz xogou 7 partidos en Primeira co Sporting e foi chave no ascenso sportinguista a Primeira en 2015 xogando 29 encontros e marcando 3 goles. Debutou en Primeira na tempada 2009-2010 e competiu en 4 partidos na campaña 2015-2016, antes de fichar polo Nàstic. Tamén defendeu as cores do C.D. Mirandés en Segunda na campaña 2013-2014 participando en 21 partidos e marcando 3 goles, un deles en Copa en Lugo.

Juan Muñiz foi campión europeo coa selección española sub 19 en 2011 cunha xeración na que estaban xogadores como Dani Carvajal e Álvaro Morata. Neste título continental, xogou cinco partidos e marcou un gol. Competiu durante 12 minutos da prórroga da final, decidida cun gol de Paco Alcácer.

O xogador será presentado o luns 16 de xullo a partir das 12:30 horas do mediodía na sala de prensa do estadio Ángel Carro.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...