InicioDeportesO receptor Víctor Bouza volve ao C.V. Emevé

O receptor Víctor Bouza volve ao C.V. Emevé

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo comunicou a volta ao club do receptor Víctor Bouza despois da súa etapa en Kladno Volejbal CZ, da República Checa, onde fichou no mercado de inverno acadando o subcampionato de Liga e Copa. O equipo masculino do Emevé compite en Superliga 2, segunda categoría do voleibol español. Bouza, de 28 anos 1.88 metros de estatura, cumprirá a súa terceira etapa no club. Tamén xogou no Río Duero San José (2014-2015) e en C.D.V. Textil Santanderina (2016-2017). No Kladno Volejbal CZ chego xogou tamén en dúas etapas.

Co Emevé, Víctor Bouza proclamouse campión da Copa Príncipe en 2018 en Leganés e foi elixido MVP do torneo. 

Segundo o club, volve para facerlles “vibrar co seu tesón, garra e explosividade, que fan que sexa puro espectáculo velo xogar”. “Benvido a casa”, afirma o Emevé.

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...