InicioDeportesO C.D. Lugo pecha o seu calendario de amigables

O C.D. Lugo pecha o seu calendario de amigables

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anunciou que xogará oito partidos amigables nesta vindeira pretempada. Os adestramentos comezarán o luns 9 de xullo baixo a dirección técnica de Javi López, que substitúe a Francisco Rodríguez.

Os amigables comezarán o mércores 18 de xullo no campo de A Madalena de Vilalba contra o Racing Villalbés a partir das 19:30 horas. Tres días despois, o sábado 21, xogará no campo de Cantarrana de Viveiro ante o Viveiro C.F. dende as 19:30 horas.

A seguinte semana, os albivermellos visitarán ao Pontevedra C.F. en Pasarón o mércores 25 de xullo a partir das 19:30 horas. O venres 27, o Lugo xogará contra o Racing Club de Santander no estadio de Miramar de Luanco, en Asturias, dende as 19 horas.

Xa en agosto, os lucenses competirán o mércores 1 de agosto contra o Real Oviedo en Xove dende as 20 horas. O sábado 4, o equipo de Javi López visitará á Cultural y Deportiva Leonesa no Reino de León a partir das 19:30 horas.
Por último, o Lugo recibirá ao R.C. Deportivo no estadio Ángel Carro o mércores 8 de agosto ás 20:30 horas. O conxunto albivermello pechará a preparación ante a S.D. Ponferradina no campo de Cantarrada de Viveiro dende as 19:30 horas.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...